Usuarios de Down Lugo falan de integración no colexio de San Cibrao

Catro integrantes do colectivo presentaron a mostra 'Enfocando Historias' e explicaron como é o seu día a día

Charla dos integrantes de Down Lugo no colexio sancibrense. AXM

Catro mozos e mozas da asociación Down Lugo achegáronse ao CEIP Cervo nº1 de San Cibrao para compartir co alumnado a súa experiencia na elaboración da exposición fotográfica Enfocando Historias, que se pode visitar na casa da cultura ata o 28 de xuño.

A través de varias diapositivas, Fátima Rosón, Marcos Cruz, Saúl Montoya e Carla Pereira explicaron o proceso de realización da exposición e tamén contaron aos estudantes como é a loita por acadar a plena inclusión e atopar un oco no mercado laboral.

“RESPONSABILIDADE DE TODOS”

A edil de cultura e educación, Dolores García Caramés, que asistiu ao acto, apuntou que “desde Cervo sempre estamos dispostos a colaborar en iniciativas coma esta, tan enriquecedoras, e que contribúen a logran a integración total de colectivos como Down Lugo, un obxectivo que debe ser unha prioridade e unha responsabilidade de todos e todas”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here