Bart Davenport e a praia de Esteiro, reclamos do Sanxan Fest

O cantautor californiano será o cabeza de cartel da primeira edición do evento

Bart Davenport. EUROPA PRESS

O Esteiro Surf Café, coa colaboración do Concello de Xove e da Escola Galega de Surf, organiza o festival Sanxan, que se celebrará o día 23 na praia xovense. A presenza do cantautor californiano Bart Davenport é un dos grandes reclamos do evento, de balde.

O concerto de Davenport será o segundo e último que o artista ofrecerá en Galicia na súa xira española.

O festival comezará ás 19.30 horas e rematará sobre a 01.00 da madrugada. Tamén actuarán DJ Set Apertura, Labrax, Basanta, Bart Davenport y Dj Lagartija. Os asistentes poderán desfrutar de gastronomía e das tradicionais fogueiras do San Xoán.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here