InicioCultura(VÍDEO) Lembra os mellores momentos do Resurrection Fest 2019

(VÍDEO) Lembra os mellores momentos do Resurrection Fest 2019

A praia de Area ou o casco histórico de Viveiro locen no vídeo de resumo da décimo cuarta edición, que será recordada polas actuacións de Slayer e Slipknot ou pola historia de Álex

Publicada o

- Advertisement -

A organización do Resurrection Fest de Viveiro pendurou este luns nas redes sociais a aftermovie ou vídeo de resumo da pasada edición do festival, a décimo cuarta.

Grupos como Slayer ou Slipknot actuaron no campo de fútbol de Lavandeiras, en Celeiro, na edición máis multitudinaria da historia do evento, con 102.053 entradas vendidas.

O 2019 tamén foi o ano de Álex, o rapaz que co apoio dos seareiros do festival ‘surfeou’ coa súa cadeira de rodas o público para desfrutar dos concertos case en primeira fila.

“Foi a nosa mellor edición”, asegurou a organización nun comunicado de prensa, “coas entradas esgotadas dende febreiro e cuns grupazos”.

A praia de Area, onde se ubica un dos cámpings do festival, a ría ou o casco histórico de Viveiro tamén locen no resumo do Resurrection 2019.

EN 2020, DO 1 AO 4 DE XULLO

O Resu cumprirá os quince anos no vindeiro verán. A décimo quinta edición celebrarase do 1 ao 4 de xullo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...