InicioCulturaConfirmado: System of a Down ofrecerá no Resu o seu único concerto...

Confirmado: System of a Down ofrecerá no Resu o seu único concerto en España en 2020

A banda californiana repasará "os seus éxitos" en Viveiro nun recital "de longa duración"

Publicada o

- Advertisement -

A organización do Resurrection Fest confirmou o que semellaba un segredo a voces trala publicación do primeiro anuncio da décimo quinta edición do festival: que a banda estadounidense System of a Down será cabeza de cartel da décimo quinta edición do festival, do 1 ao 4 de xullo en Viveiro.

No anuncio, o protagonista, tras forxar unha peza de metal, le una nota na que se entrevé unha cita da Biblia que se corresponde cunha das cancións máis populares da formación californiana, ‘Chop Suey‘.

“A banda máis pedida deste ano nas nosas enquisas, un dos maiores cabezas de cartel do ano nos festivais europeos de metal e unha das maiores bandas de metal da historia, estará tamén en Viveiro con data exclusiva en España para 2020″, apunta un comunicado da organización.

Os promotores do Resu anticipan que o de System of a Down “será un concerto de longa duración e con todos os éxitos da banda que soaron en radios e televisións ao longo da súa carreira. Converterase sen ningunha dúbida nun dos concertos máis históricos que xamais vimos no festival”, remarca o comunicado.

O LUNS, MÁIS BANDAS E AS ENTRADAS, O 1 DE OUTUBRO

Tras esta primeira confirmación, Resurrection Fest anunciará “moitas máis bandas” este próximo luns 23 de setembro. As entradas poranse á venda ás 11.00 horas do 1 de outubro en www.resurrectionfest.es.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...