InicioCulturaChucho, pícara, o botiquín, o García, coma o dedo no cu: o...

Chucho, pícara, o botiquín, o García, coma o dedo no cu: o vocabulario da Mariña consola en Twitter

Unha conta da popular rede social elabora un divertido e gorentoso dicionario de expresións do galego que se fala do Vicedo a Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

Coma o dedo no cu. Ser de contra o rabo. Entrar na chousa. Falarse con alguén. O García. A chalina. Que se vexa Landrove. Por suposto, chucho, pícara ou o botiquín. Son algunhas das palabras e frases recollidas en apenas uns días pola conta de Twitter Así Falamos na Mariña, unha escolma do galego que se fala desde O Vicedo ata Ribadeo.

 

Cun fino sentido do humor, os promotores da conta enriquecen o vocabulario propio coas achegas dos internautas para crear un divertido, dinámico e gorentoso dicionario a través da rede social, revelador para os que viven máis alá do Fiouco (descubrirán por fin, entre outras cousas, que é “a fórmula” que gusta tanto a Pep Guardiola) e no que os mariñaos atoparán expresións familiares, pero tamén outras novas.

 

En apenas unha semana de actividade, a conta aproxímase aos 800 seguidores. E é que a creatividade do galego da Mariña consola, pero en cantidades moderadas, non se acabe por mangar o cazo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...