Cando as mulleres galegas se empoderaron grazas ao rock, ao heavy e ao bravú

A señora Xosefa de Bastavales, Lola da Ribeira, Voces de Ultratumba, Marisol Manfurada, María Doval, Finita Gay (A Martela), Linda Lamarr, Sonia Albor... Sóanche estes nomes? Foron as primeiras nos máis diversos estilos de música.

Linda Lamarr debuxada por Laura Romero

É fundamental ter referentes. Eu, con 15 anos, era unha tía rara porque tocaba o baixo”. A ilustradora Laura Romero, á par da escritora Iria Pedreira, decidiron recuperar a memoria de todas aquelas mulleres galegas pioneiras en músicas moi diversas, porque habelas hóuboas, pero poucos souberon delas. A súa teima, xa que logo, era descubrir e revindicar as nosas devanceiras, aquelas que se foron abrindo paso no rock e no bravú, no punk, no heavy metal… E en todos os estilos musicais que se nos poidan pasar pola cabeza. Podes ler a reportaxe completa de Uxía Iglesias nesta ligazón do Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here