InicioCulturaCervo acollerá a exposición fotográfica 'Auga: o sangue da terra', do monfortino...

Cervo acollerá a exposición fotográfica ‘Auga: o sangue da terra’, do monfortino Manuel Valcárcel

A mostra, aberta do 20 de febreiro ao 22 de marzo, inaugurarase cunha visita guiada

Publicada o

- Advertisement -

O alcade de Cervo, o popular Alfonso Villares, e a edil de cultura, Dolores García Caramés, asinaron o pasado mércores un convenio de colaboración cultural co coordinador de Negocio Institucional en Lugo de Abanca, Óscar Rodríguez, e a coordinadora institucional de Afundación para Ourense e a provincia lucense, Beatriz Fernández-Anguiano, que permitirá á veciñanza desfrutar da mostra ‘Auga. O sangue da terra‘, obra do monfortino Manuel Valcárcel.

Este proxecto, que pretende concienciar sobre a importancia do uso responsable da auga, poderase visitar desde o día 20 de febreiro, ata o 22 de marzo, na sala de exposicións, en horario de 9.00 a 14.30 horas, e de 16.00 a 20.00 horas, de luns a venres. Para o xoves 20 está prevista, na xornada da súa inauguración, unha visita guiada.

CONVENIO ENTRE CONCELLO E ABANCA

A exposición itinerante enmárcase no proxecto Corrente Cultural de Afundación, Obra social de Abanca. Villares destacou o valor que teñen este tipo de colaboracións entre organismos, xa que “froito deste convenio imos poder contar no noso Concello cun ambicioso proxecto de concienciación medioambiental”.

Pola súa banda, Caramés recordou que “pretendemos que as salas de mostras municipais estean vivas os 365 días do ano” e recordou, que  “as instalacións públicas están sempre a disposición para a divulgación de calquera iniciativa cultural”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...