Paula Comendeiro, da Pontenova, gaña o Mariña Folgueira de redacción xornalística

A alumna do IES Enrique Muruais presentou o mellor traballo do concurso na categoría de primeiro ciclo de secundaria

Cartel do concurso. AXM

Paula Comendeiro, do IES Enrique Muruais da Pontenova, impúxose con ‘Sempre em Galicia‘ no concurso de primeiro ciclo de secundaria do premio de Redacción Xornalística Mariña Folgueira, que convoca a asociación de veciños de Reigosa, na Pastoriza.

Na cuarta edición do certame, Serendipia‘ de Ariana Núñez, do IES Basanta Silva de Vilalba, resultou o traballo vencedor do segundo ciclo de secundaria e o mellor valorado polos membros do xurado.

Na categoría de segundo e terceiro ciclo de primaria gañaron, respectivamente, Iker Fernández, co texto ‘Axuda entre os veciños, e Pablo Ledo coa redacción ‘Sempre en Galicia: así é a miña aldea‘, ambos do CEIP O Salvador da Pastoriza.

XURADO

Formaron parte do xurado profesionais recoñecidos do sector da comunicación e da docencia, todos eles amigos de Mariña Folgueira, veciña de Reigosa homenaxeada neste acto. Os xornalistas Manuel Gago, Alberto Barciela e Xurxo Salgado, xunto co linguista Paulino Novo e o profesor, cantautor e político galego Mini Rivas foron os encargados de seleccionar os catro nomes de entre o cento de traballos presentados.

PREMIOS

Todos os nenos premiados levarán como recoñecemento un diploma, un lote de libros e unha tablet. O acto de entrega de premios terá lugar o vindeiro 16 de agosto, ás 16.00 horas, no centro sociocultural Mariña Folgueira de Reigosa.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here