Os dolos de Morás locen no novo videoclip de Boyanka Kostova, dirixido por Xaime Miranda

A peza audiovisual foi rodada no porto da localidade xovense e no Cenima, con equipo mariñao e a presenza de varios grupos folclóricos locais

Gravación do videoclip. SABELA BLANCO

O dúo santiagués Boyanka Kostova, pioneiro do trap galego, vén de estrear o vídeo ‘Muinheira do Interior‘, que acompaña o lanzamento do seu novo disco ‘Os dous de Sempre‘.

O videoclip, rodado no mes de marzo antes da pandemia da Covid-19, foi dirixido polo realizador Xaime Miranda, quen contou cos mariñaos Iago Vilarinho, como director de fotografía, e con Claudia Muíño, Sabela Blanco, Lucía Ramiro e Nuno Pico na produción.

A rodaxe deste novo traballo de Miranda levouse a cabo no porto de Morás (Xove), cos seus impoñentes dolos, e no CENIMA (Foz), “nuns escenarios nos que destaca o contraste entre as arquitecturas e o colorido dos traxes, ao tempo que mestura a tradición (gaitas, baile, traxes) con elementos e paisaxes distópicas”, expón o director.

COLABORACIÓNS

Na realización desta peza audiovisual o director contou coa colaboración, como extras e corpo de baile, de grupos folclóricos e culturais da zona: Grupo Folclórico Mistura (San Cibrao), A. C. Airiños do Xunco (Cervo), Agrupación Folclórica O Feitizo (Foz), A. C. Saíñas (Xove) e co apoio loxístico do Concello de Xove.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here