A mirada das familias detrás do ERE de Alcoa

O fotógrafo lucense Adra Pallón retratou en rigoroso branco e negro traballadores de San Cibrao cos seus familiares; imaxes que contan as historias detrás do conflito social do aluminio

Ayoub, traballador de Alcoa, coa súa familia. ADRA PALLÓN

O fotógrafo lucense Adra Pallón vén de amosar nas redes sociais parte do traballo realizado ao longo dos últimos meses, nos que retratou ata 110 traballadores de Alcoa San Cibrao e tamén a varias familias, como forma de visibilizar un conflito laboral que, de saír adiante o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) pretendido pola multinacional, suporía un milleiro de despedimentos na planta de aluminio e empresas auxiliares e un pau socioeconómico de imprecedibles dimensións para a comarca da Mariña Lucense.

O fotoxornalista realizou unha obra común co artista clandestino Primo de Banksy que puido verse na marcha nocturna de San Cibrao. A súa galería amosa parte do traballo realizado e retratos a varias familias, todos en branco e negro. As imaxes contan por si soas a historia de Francisco Javier Fanego, que traballou toda unha vida na fábrica, ou o de Soledad, cuxos pais Francisco e Geluca xa traballaron en Alcoa dende a súa apertura.

“O importante do que está a pasar en A Mariña son as persoas. Detrás de cada rostro existe unha historia. Detrás de cada historia unha mesma ilusión compartida, poder seguir vivindo. Sen a fábrica esa ilusión derrubase. É por iso que a ilusión da lugar á loita. Esperemos que a esperanza remate en xustiza social. A xustiza pola que pula a clase obreira deste país”, resume Pallón. Accede á súa galería a través desta ligazón.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here