InicioCulturaTres artistas da Mariña entre os nove finalistas de Amarte

Tres artistas da Mariña entre os nove finalistas de Amarte

Hipólito Xeada, Héctor Manasé e Elvira López serán os concursantes da comarca; tamén participarán creadores da Coruña, Vigo, País Vasco ou Andalucía

Publicada o

- Advertisement -

JUAN MAYA. O concelleiro de Cultura de Burela, José Díaz, anunciou este martes os finalistas do IV Certame Internacional de Pintura Mural Amarte. O evento terá lugar no muro portuario de Burela entre o 30 de xullo e o 2 de agosto.

Nas edicións anteriores os finalistas adoitaban ser dez, pero este ano serán nove debido as limitacións impostas polo espazo dispoñible. “A cantidade de murais que nos quedan serán os xustos para que poida haber catro edicións máis”, explicou Díaz.

Na presente edición só repetirá un dos seleccionados con respecto ao 2019, os demais serían “todos novos”, algo que, tal e como comentou o edil, “abre a posibilidade a novos estilos e enriquece a parte artística do noso muro”.

O NÚMERO DE PINTURAS ASCENDERÁ A 42

O número total de pinturas ascenderá este ano a 42 e Díaz agarda que dentro de tres anos se complete “toda esa longa extensión de lenzo en branco”.

Os finalistas proceden de diversos puntos da xeografía galega e tamén española. Hai tres finalistas que son de concellos da Mariña: Hipólito Xeada de Alfoz, Héctor Manasé de Foz e Elvira López de Ribadeo.

Dos outros seis seleccionados, dous son de LugoDiego Anido -que participa con Guillermo Paz, de Málaga– e Rubén Paz; un de Bilbao (Joseba Fernández), un de Vigo (Alejandro Fernández), un da Coruña (Martín Cal) e outro de Huelva (Carolina Carmona). Este ano participarán dúas mulleres, até o de agora “só houbera unha pintando”, explica Díaz.

Os artistas seleccionados poderán empezar a pintar a partir das 10.00 horas do xoves 30 de xullo e estarán ata as nove da noite durante o xoves, venres e sábado; o domingo ata as 12.00 horas, xa que será o momento no que se procederá á entrega de galardóns.

PREMIOS DE ATA 1.500 EUROS

O xurado estará composto por cinco persoas “vinculadas á arte e á cultura” e dicidirán quen é “o que se leva os 1.500 euros do premio ao primeiro clasificado. O presidente será o gañador da edición do ano anterior, David Catá. A contía para o segundo clasificado é de 750 euros, con 300 para o terceiro posto e para o mellor artista local.

Os organizadores consideran que o certame poderase desenvolver sen imponderábeis, xa que non é un evento “festivo”, se non que son “profesionais da pintura que realizarán as súas obras nun espazo aberto de 60 metros liñais mantendo as distancias oportunas e con máscaras”.

CUMPRIRANSE AS MEDIDAS DE SEGURIDADE

Malia a suspensión da Feira do Bonito, evento do que Amarte foi da man nos anos anteriores, e as dúbidas amosadas polo Concello en maio, non se vai restrinxir a asistencia: “a xente que se queira acercar pode facelo cumprindo todas as medidas de seguridade”. Díaz considera que deste xeito “se desenvolverá tranquilamente”.

O edil burelao pensa que este tipo de actividades favorecen a Mariña e, en particular, a Burela: “penso que estamos necesitados de algo que nos alegre un pouco o espírito e o alma e a vista, por todas estas cousas que estamos vivindo e que non son doadas para ninguén; isto vai facer que teñamos uns días de entretemento”.

SEGUIMENTO EN REDES SOCIAIS

Os interesados poden seguir as contas en redes sociais do evento, onde se realizará unha cobertura que inclúe a “emisión de vídeos en directo” e publicación de “fotografías“, e que permitirá que a xente dé a súa opinión sobre “quen son os mellores”.

“Tiven a oportunidade de ver os bocetos e a verdade é que son preciosos, é algo que sempre gusta moito aos nosos veciños e visitantes, e creo que este ano vaise manter o nivel ou incluso subilo”, explicou.

“Temos que velar por que se poidan realizar estas actividades culturales e artísticas porque son un piar fundamental do que somos”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...