‘Matria’ proxectarase o luns en Foz coa presenza do director e o testemuño dunha veciña

Palmira Fernández, de 72 anos, trazará un paralelismo coa protagonista da cinta ao contar as súas experiencias vitais e a súa situación actual

Fotograma de 'Matria'. AXM

O salón de actos do Cenima de Foz proxectará o vindeiro día 24 ás 20.30 horas a curtametraxe ‘Matria’. A actividade será de balde e contará tamén cunha charla coloquio co director Álvaro Gago e coa veciña focense Palmira Fernández. O evento está organizado polo Concello de Foz e conta coa colaboración do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

’Matria’ versa sobre a vida de Ramona, unha das empregadas nunha conserveira de peixe galega. A curtametraxe foi premiada en festivais nacionais e internacionais de cine e estivo nominada aos premios Goya no ano 2019.

Ramona vive co seu home, co que apenas fala, e traballa nunha fábrica de conservas gobernada por unha encargada tirana. Ante os desafíos que lle presenta a súa rutina diaria, Ramona trata de refuxiarse na relación que a une coa súa filla e á súa neta.

Póster de ‘Matria’. AXM

UNHA CRÍTICA Á “FALSA TEORÍA SOBRE O MATRIARCADO”

Tal e como o anunciou a concelleira de Muller e Igualdade, Milagros Louzán, ao longo dos seus 22 minutos de duración, “a curtametraxe pretende ser unha crítica á falsa teoría sobre o matriarcado, sobre todo en Galicia”, explicou a concelleira.

A veciña de Foz Palmira Fernández de 72 anos trazará un paralelismo coa protagonista da cinta ao contar as súas experiencias vitais e a súa situación actual.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here