O Resu online chegou a máis de 2,2 millóns de internautas

A campaña de comunicación do festival online, valorada en 4,5 millóns de euros, obtivo unha audiencia acumulada de 379 millóns de persoas en todo o mundo

Os resu kids, disfrutando con Berri Txarrak. RESURRECTION FEST

A organización do Resurrection Fest emitiu un comunicado no que expuxo que a primeira edición online do festival, que resumiu aos espectadores os quince primeiros anos de existencia do encontro de música hardcore, metal e punk de Viveiro, e que podía seguirse a través das páxinas de Youtube e de Facebook do evento, colleitou unha audencia de “máis de 2.200.000 impresións”, o que converte “tanto a celebración do mesmo como a súa campaña de comunicación nun dos fitos culturais de 2020 en España”, asegura.

PÚBLICO DE 63 PAÍSES DIFERENTES

Ademais, durante a fin de semana, indican os promotores, as redes sociais do evento superaron os 5,9 millóns de impresións, sendo #elResuEGresiste tema de tendencia estatal en Twitter. Polo seu lado, a campaña de comunicación do festival online obtivo unha audiencia acumulada de 379 millóns de persoas en todo o mundo. Esta mesma campaña está valorada en 4,52 millóns de euros, “todo un récord a nivel estatal e postulándose como unha das campañas de comunicación máis importantes dentro do panorama de festivais a nivel europeo”, sostén Bring The Noise, a empresa organizadora, que concreta que a programación foi seguida por persoas de “63 países diferentes“.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here