InicioCulturaOs restos óseos medievais ou a muralla de Mondoñedo, temas das Xornadas...

Os restos óseos medievais ou a muralla de Mondoñedo, temas das Xornadas de Arqueoloxía

A vixésima edición das conferencias, por vía telemática, celebrarase a vindeira fin de semana

Publicada o

- Advertisement -

Este venres 11, sábado 12 e domingo 13 terán lugar as XX Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía Villaamil y Castro, que nesta vixésima edición se celebrarán de xeito telemático por mor da pandemia da Covid-19.

Este ano o Concello de Mondoñedo conta coa colaboración para a execución desta xornada telemática da Universidade Rey Juan Carlos e a Universidad a Distancia de Madrid, Udima.

O venres, ás 19.00 horas, será o acto inaugural. Ás 19.15 horas, o catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, Ramón Villares, pronunciará a conferencia “A invención do Celtismo”.

O sábado, desde as 12.00 horas, o catedrático de Historia Antiga da Universidad de Alicante, Juan Manuel Abascal, falará de “Prácticas epigráficas urbanas y extraurbanas en el conventus lucensis”.

Ás 17.00 horas, o biarqueólogo Patxi Ramallo, pronunciará a conferencia “Nós fixemos Mondoñedo: osteoloxía e isótopos estables en individuos medievais”.

Xa o domingo, ás 12.00 horas, o doutor en Historia da Arte Javier Gómez Darriba disertará sobre “La muralla de Mondoñedo: morfología y funcionalidad de un monumento desaparecido”.

INSCRICIÓNS

O prazo de matrícula para poder participar nas conferenicas segue aberto, ata o día 11 de decembro ás 14.00 horas. A participación será a través da plataforma Zoom.

A outra modalidade de participación sería a través da plataforma “The Mondonedo Valley” na súa páxina de Youtube, na que se emitirán as conferencias en directo.

Para poder acceder á plataforma Zoom, será preciso inscribirse no curso facilitando nome, DNI e e-mail ao Concello de Mondoñedo a través dunha chamada ao teléfono 982.52.40.03, ao teléfono 982.50.71.77, ou directamente enviando estes datos ao seguinte enderezo de correo electrónico xornadas.arqueo@gmail.com.

O enlace de acceso correspondente a cada conferencia enviarase unha hora antes da mesma ao e-mail especificado na matrícula. A sala abrirase 15 minutos antes de comezar a intervención.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...