A organización do Resurrection Fest anunciou este luns a programación de 2021 por días, despois do anuncio do pasado verán, no que avanzou que System of a Down, KoRn e Deftones serán os cabezas de cartel.
Respecto do número de grupos, os promotores do festival de rock duro de Viveiro sinalan que a intención era manter na medida do posible o mesmo programa ca o da edición de 2020, cancelada por mor da Covid-19. “Inevitablemente houbo cambios debido ás modificacións nas xiras dos artistas pero moitísimas bandas repiten, hai grandes novas sorpresas e os artistas que non están connosco, estarano nun futuro”, prometen os organizadores.
BULLET FOR MY VALENTINE OU EMPEROR, OUTROS ATRACTIVOS
“Contaremos cos suecos Sabaton como cabezas da nosa festa de presentación do mércores, na que traerán todo o seu arsenal (nunca mellor dito) e contarán coa maior produción que nunca tiveron en España”, indicaron os organizadores, que confirmaron tamén que “Bullet For My Valentine volverán tras cinco anos do seu último concerto no festival e presentarán os seus últimos traballos para todos os seus fans españois. Un dos referentes do black metal a nivel mundial e banda de culto, Emperor, tamén estará por fin en Viveiro, e actuará no noso escenario principal. Opeth repetirá no cartel, do mesmo xeito que Heaven Shall Burn, Sepultura ou Jinjer. Como novidade no noso Main Stage tamén teremos a Rise of the Northstar e Spiritbox, e confírmase a Caliban, Bleed From Within e Serrabulho na nosa warm-up. Pechando a programación do escenario principal, teremos de novo a Dagoba, Beyond The Black, Eskimo Callboy, Our Hollow Our Home e Deadly Apples“, afondaron.
Code Orange, Dark Funeral, Haken, Sylosis, Angelus Apatrida, Vomitory, Neaera, Benighted, Gaerea, Dead Label, Reel Big Fish, Madball, Lionheart, Raised Fist, Moscow Death Brigade, Doyle, Employed to Serve, Svalbard, Blowfuse, Free City, True Mountains, Godflesh, Nergal co seu proxecto Me And That Man, And So I Watch You From Afar, Elder, Planet of Zeus, The Picturebooks, Celeste, O Altar do Holocausto, Adrift, Regarde Lles Hommes Tomber e Chris Masuak cos seus Viveiro Wave Riders Association son outras das bandas confirmadas.
O Resu 2021 está previsto para entre o 2 e o 5 de xuño. Sobre unha posible cancelación do festival, os organizadores afirman que “confiamos en que se vai poder facer e seguiremos atentos ás noticias e os progresos respecto diso, como están facendo o resto de festivais europeos. En calquera caso, para nós a prioridade é a seguridade dos asistentes, polo que no caso de que haxa que pospoñer o festival, como este ano quen queira poderá solicitar a devolución da súa entrada, doutro xeito, a mesma será válida para a seguinte edición“, precisan os promotores.
CARTEL COMPLETO
Podes consultar a lista ao completo aquí:
System Of A Down
KoRn
Deftones
Sabaton
Bullet For My Valentine
Opeth
Emperor
Heaven Shall Burn
Code Orange
Sepultura
Jinjer
Raised Fist
Reel Big Fish
Godflesh
Dark Funeral
Rise of The Northstar
Madball
Lionheart
Caliban
Me And That Man
Sylosis
Haken
Angelus Apatrida
Hamlet
And So I Watch You From Afar
Spiritbox
Beyond The Black
Eskimo Callboy
Moscow Death Brigade
Dagoba
Elder
Doyle
Employed To Serve
Neaera
Vomitory
Planet of Zeus
Bleed From Within
The Picturebooks
Our Hollow, Our Home
Svalbard
Benighted
Dead Label
Celeste
Deadly Apples
Gaerea
Blowfuse
Free City
Onza
O Altar do Holocausto
Serrabulho
True Mountains
Skunk D.F.
Vita Imana
Chris Masuak and the Viveiro Wave Riders Association
Adrift
Aphonnic
Thirteen Bled Promises
Willis Drummond
Sound of Silence
O Altar do Holocausto
Graveyard
Skontra
Blaze Out
Lèpoka
Bloodhunter
Bonecarver (antes Cannibal Grandpa)
Broken Lingerie
Machina
Totengott
Golpe Radikal
The Broken Horizon
Wasted Wiltons
Eon
Sharon Stoner
We Exist Even Dead
Green Desert Water
Grima
Mind Driller
Bourbon
Bolu2 Death
Kids of Rage
Elephant Riders
Acidproyect
Arsian
Vieitör
Kaleikia
Fuzz Forward
The Dry Mouths
Blaze The Trail
Turbo Kraks
4Copola
Bandeira Negra DJs
Me Fritos And The Gimme Cheetos
Bulls on Parade
Seek ‘Em All