O Concello suspende a programación cultural de Viveiro para o Nadal pola situación epidemiolóxica

O goberno local manterá unicamente aberto o belén ‘Viveiro ante o Berce’, aínda que traballa para que o Día de Reis haxa "algunha sorpresa" mantendo "todas as medidas de seguridade"

Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de cultura de Viveiro. AXM

O Concello de Viveiro informou este mércores da suspensión desde esta mesma tarde de toda a programación cultural que estaba prevista para o Nadal, debido á situación do peche perimetral e as restricións impostas pola Xunta de Galicia.

O goberno local manterá unicamente aberto o belén ‘Viveiro ante o Berce’ por ser nun espazo aberto e ao aire libre no que se conta cun protocolo Covid-19.  En Viveiro documéntanse 58 positivos novos nas últimas dúas semanas.

A Concellaría de Cultura traballa para que o Día de Reis haxa “algunha sorpresa”, expón o Concello nun comunicado de prensa, “pero sempre con total seguridade e dentro do protocolo e das medidas establecidas, coa fin de poder manter a maxia dese día para todos os nenos e nenas”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here