InicioCulturaO Goberno central incorporará o galego-asturianu en campañas de fomento á lectura

O Goberno central incorporará o galego-asturianu en campañas de fomento á lectura

Quere dar visibilidade á creación en asturiano e galego-asturiano, incluíndoa tanto nas campañas de fomento á lectura que poña en marcha o ministerio

Publicada o

- Advertisement -

A literatura en asturiano e galego-asturiano terá presenza nas campañas de fomento e promoción da lectura que organice o Ministerio de Cultura. Ademais, as letras asturianas será a protagonista dunha actividade dentro da Feira do Libro de Frankfurt 2022.

España será país convidado de honra da feira e, a proposta do Principado, a literatura en asturiano contará con actividade propia dentro do programa oficial. Así o acordaron a conselleira de Cultura, Política Llingüística e Turismo de Asturias, Berta Piñán, e a directora xeral do Libro e Fomento da Lectura do Goberno central, María José Gálvez, nunha reunión celebrada este martes na sede do Ministerio de Cultura e Deporte.

Acompañada polo director xeral de Política Llingüística, Antón García, Piñán trasladou a Gálvez a necesidade de dar visibilidade á creación en asturiano e galego-asturiano, incluíndoa tanto nas campañas de fomento á lectura que poña en marcha o ministerio que dirixe José Manuel Uribes como nas actividades de promoción.

Así, ademais de contar cunha presenza destacada na próxima Feira do Libro de Frankfurt, tamén se acordou a participación dos escritores en lingua asturiana e galego-asturiano en dous programas propios da Dirección Xeral do Libro: os Encontros literarios en IES, destinados a fomentar a lectura entre o alumnado de Secundaria, e os encontros de autores en librarías, no marco do programa Afinidades electivas.

Os encontros literarios en institutos e centros públicos onde se imparte Ensino Secundario Obrigatoria (ESO) teñen como obxectivo desenvolver o hábito de lectura. Neste ciclo, que fomentará a mobilidade dos creadores asturianos e a difusión da súa obra, un autor ou autora, elixido o instituto, falará sobre o seu traballo e o seu proceso creativo e, a continuación, manterá un diálogo con estudantes. Previamente, o alumnado preparará a actividade coa lectura do material seleccionado e consensuado co profesorado do centro.

Á inclusión da literatura escrita en asturiano e en galego-asturiano nos programas ministeriais, engadirase tamén a súa participación nos Encontros de Verines que cada ano se celebran en Pendueles (Llanes), en colaboración coa Universidade de Salamanca.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...