Abanca, Afundación e Concello de Burela colaboran coa exposición “Os nosos océanos”

A exposición, de entrada libre e gratuíta, inaugurarase o próximo 2 de xullo e poderase visitar ata o 18 de xullo. A mostra presenta imaxes espectaculares da biodiversidade mariña.

Fotografía de "Os nosos Océanos"/Afundación

Abanca, Afundación e o Concello de Burela asinaron un convenio de colaboración cultural mediante o cal as tres entidades levarán a cabo a exposición ‘Os nosos océanos’, desenvolvida en colaboración co Editorial Planeta e baixo o comisariado do prestixioso divulgador Joaquín Araújo, dobre Premio Nacional de Medio Ambiente.

No acto de firma estiveron alcalde de Burela, Alfredo Llano García; o coordinador institucional de Abanca en Lugo, Óscar Rodríguez; a coordinadora Institucional para Ourense e Lugo de Afundación, Beatriz Fernández-Anguiano e José Javier Parga, director da oficina de Abanca en Burela.

A exposición, de entrada libre e gratuíta, inaugurarase o próximo 2 de xullo e poderase visitar ata o 18 de xullo. A mostra presenta imaxes espectaculares da biodiversidade mariña.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here