Berta Dávila gaña o Díaz Jácome de poesía con ‘Limiar’

A poeta compostelá recibirá o premio, dotado con 1.500 euros, o vindeiro sábado en Mondoñedo

Berta Dávila. AXM

A poeta compostelá Berta Dávila Fernández, veciña de Santiago de Compostela, resultou gañadora do décimo noveno premio de poesía Díaz Jácome para novos creadores.

Convoca o certame o Concello de Mondoñedo en colaboración coa área de cultura da Deputación de Lugo.

A autora levou o premio, cunha dotación de 1.500 euros, praca e diploma, pola obra ‘Limiar‘.

O segundo premio, dotado con 600 euros, praca e diploma, recaeu no poemario ‘Crónica bélica da devastación en cinco minutos‘, escrito por Alexandre Fernández Peón, de Pontevedra.

A lucense Laura López Esteban acadou o terceiro premio, dotado con 300 euros, praca e diploma, con ‘Renacer‘.

ENTREGA DE PREMIOS

A entrega dos premios celebrarase o vindeiro sábado, 1 de decembro, a partir das 12.15 horas da mañá no salón de plenos do consistorio.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here