A axencia de ocio: Burela exalta a música, Mondoñedo as tapas e arrincan as Olimpíadas

Charlas sobre arqueoloxía, Mes da Maxia ou Teatro Afeccionado son outras das posibilidades que ofrece a Mariña na fin de semana

Batuko Tabanka. AXM

Repasamos, como cada venres, a axenda cultural e de ocio da fin de semana.

ALFOZ

O sábado, desde as 17.00 horas no pavillón de Alfoz, comezan as Olimpíadas da Mariña Central, coas probas culturais.

Competirán Burela, Cervo, Alfoz, Foz e Lourenzá.

BURELA

O Pescados Rubén Burela FSF recibe (sábado, Vista Alegre, 18.30 horas) ao Majadahonda, que vén de gañar ao vixente campión da Liga Foro 16 Feminismo, o Jimbée Roldán (5-3).

As discípulas de Julio Delgado e Lucas tentarán sumar de novo de tres en tres e chegar ao duelo contra o Futsi sen ceder un só punto no que vai de competición.

No partido haberá zona infantil desde as 18.00 horas e chocolate con churros.

Cami defende no partido contra o Sala Zaragoza. AXM

Burela celebrará o sábado o Día da Música, na antiga praza de abastos.

Batuko Tabanka, os Acordeonistas da Mariña, Ledicia, Brisas del Navia, Desiderio, Nela e Hilario, Raíces PeruanasO Xogaral, Dambara, a banda de Santo Inocencio, Forget la France, Eu Son Band, Arrebolaxe e a Coral Polifónica de Burela actuarán na xornada.

Cartel do evento. AXM

Os interesados en desfrutar dos concertos poden adquirir tickets para o xantar a 15 euros, dez para os menores. Ao remate das actuacións haberá foliada libre.

CERVO

Eduardo Ramil, director do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba, ofrecerá unha charla sobre os primeiros poboadores da Mariña.

O sábado, desde ás 20.30 horas, 15 parellas de baile deportivo e de salón luciranse no pavillón da Veiga.

FOZ

Este venres, desde ás 21.00 no centro sociocultural de Santa Cilla, O Centiño representará a peza teatral ‘Zume de amorodios‘.

O sábado, ás 20.00 horas na sala Bahía, actuará a banda de música de Foz.

Co mesmo horario pero na antiga báscula de Marzán, Pico do Castro recreará a obra ‘Matías está tolo‘.

O sábado, na librería Bahía de Foz, hai contacontos: ‘A miña profe é un monstro‘ e ‘Queres ler un libro comigo?‘. Comezará ás 12.00 horas, e tamén habera sesión no local de Ribadeo, ás 17.00.

LOURENZÁ

Segue o Certame de Teatro Afeccionado de Lourenzá. O sábado (20.00 horas, salón de plenos do consistorio), Andanzas (Viveiro) poñerá en escea ‘El caso de la mujer asesinadita‘.

O domingo (18.00 horas, tamén no concello), Fauna 113 (Vigo) recreará ‘Deus, unha comedia‘, de Woody Allen. O prezo das entradas é de tres euros.

MONDOÑEDO

Mondoñedo celebra esta fin de semana a décimo segunda edición do seu concurso de tapas.

Nove establecementos ofrecerán un total de 18 posibilidades. O venres, o horario será a partir das 20.30 ás 00.00 horas do venres, matinal e de noite o sábado, e de 12.00 a 15.00 horas durante o domingo.

Aquí podes consultar todos os petiscos e bares participantes.

Tríptico do concurso. AXM

RIBADEO

A banda municipal adica o seu concerto de Santa Cilla a Bert Appermont. Desde as 20.30 horas, no cine teatro.

VIVEIRO

A banda de música ofrece un concerto o sábado, ás 21.00 horas no teatro Pastor Díaz.

MES DA MAXIA

Continúa o Mes da Maxia que organiza a Mancomunidade da Mariña.

Este venres, Pi e Joge actuarán no Yenka (Barreiros) e Rafa no Texturas Galegas (Ribadeo).

O sábado, Joge estará na Penela (Mondoñedo) e Pi e Paredes en Areagrande (O Vicedo). Todas as ceas-actuacións comezarán ás 22.00 horas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here