InicioOrientalRibadeoRibadeo retrocede ao século XVIII para levar aos máis pequenos á época...

Ribadeo retrocede ao século XVIII para levar aos máis pequenos á época da Ilustración

Da man do grupo de teatro Os Quinquilláns e acompañados pola figura e a música dun gaiteiro, dous grupos de rapaces do CEIP Gregorio Sanz e do Sagrado Corazón, puideron disfrutar dunha nova actividade do programa o 'Concello cos coles'.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello cos Coles’ achega a historia de Ribadeo aos rapaces e rapazas coa representación nas rúas da vila do Ribadeo Ilustrado da man do grupo de teatro Os Quinquilláns.

Desde a Concellaría de Turismo subliñan que “o Ribadeo do XVIII (século da Ilustración) destacou por ser un dos portos máis importantes de todo o Cantábrico, así como pola transformación da vila debido á importancia do comercio que transformou as rúas coa construción de novas vivendas“. Desa época consérvanse no casco vello algunhas construcións.

Durante a mañá do pasado luns, da man do grupo de teatro Os Quinquilláns e acompañados pola figura e a música dun gaiteiro, dous grupos de rapaces do CEIP Gregorio Sanz e do Sagrado Corazón, puideron disfrutar dunha nova actividade do programa o ‘Concello cos coles’.

O primeiro pase para os máis pequenos de 1º de primaria comezou ás 11 da mañá nas escaleiras do Concello para logo ir percorrendo as rúas do casco vello e visitando os lugares máis emblemáticos como a Casa do Patín ou a Praza de Abaixo, para rematar na Atalaia. E o segundo pase foi para o curso de 4º da ESO e tivo lugar ás 12.30 horas, facendo un percorrido similar.

Desde a Concellaría de Turismo explican que “ambos grupos puideron aprender en clave de humor máis da historia da vila ribadense”. Tamén dunha das súas personaxes máis emblemáticas, o Marqués de Sargadelos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...