O libro-disco ‘A Comuna del Barruzo’, primeiro en galego-asturiano, reivindica a cultura do Eo-Navia

Ugia Pedreira dirixe un proxecto para nenos e adultos que fía música, poesía e ilustración, con dez historias que mostran o patrimonio cultural material e inmaterial da zona

Ugia Pedreira, directora artística do proxecto, xunto a Abel Pérez, de Mialma Producióis. AXM

Mialma Producióis Creativas e A Central Folque presentarán o vindeiro domingo, na feira Culturgal de Pontevedra, o libro-disco infantil e para adultosA Comuna del Barruzo‘, o primeiro destas características feito en galego-asturiano.

A obra aspira a reivindicar a fala e a cultura comúns do territorio Eo-Navia e inclúe as variantes dialectais de cada municipio.

DEZ CANCIÓNS, DEZ HISTORIAS

Na parte musical, ‘A Comuna del Barruzo’ consta de dez cancións compostas e interpretadas por Ugia Pedreria e Pierrot Rougier, a partir de textos da súa autoría, de poetas da comarca eonaviega como Héctor Acebo, Quique Roxíos ou Belén Rico, e doutros elaborados polo bretón Nicolás Kervazo.

Pedreira e Rougier gravaron as pezas -nas que conviven o rock, o reggae ou as orquestacións clásicas– con Arturo Vaquero en Abrigueiro Estudos e contaron coa colaboración de músicos como Rosa Cedrón ou Quim Farinha, ademais de instrumentistas da zona.

As letras das cancións fían dez historias de seres máxicos ambientadas no Eo-Navia, con referencias ao patrimonio cultural material da zona, como a industria naviega, a faba ou as casas indianas. Tamén hai referencias a persoeiros da cultura como o gaiteiro Nela de Bres ou Maruja Mallo.

MITOLOXÍA

Personaxes mitolóxicos do territorio eonaviego tamén están presentes no libro-disco, como o Home Marín -o home mariño co que se amedrenta aos nenos en Tapia de Casariego– ou as Xúcaras.

Boceto dunha ilustración do libro, de Mónica Justo. AXM

ILUSTRACIÓNS

Os textos de ‘A Comuna del Barruzo’ queren inspirar ao público infantil e adulto para que desfrute da natureza e da convivencia. A encargada de ilustrar todas estas historias foi Mónica Justo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here