Xove dá a coñecer os gañadores do Concurso de Postais de Nadal en diferentes categorías

Debido á alta incidencia do Covid, e por cuestións de garantías sanitarias, a entrega pública dos premios aos gañadores, que normalmente se facía no CEIP Pedro Caselles, este ano decidimos facela no propio Concello (no despacho do técnico municipal de cultura), de forma individualizada, aos pais dos gañadores.


O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha hai aproximadamente un mes unha nova edición do Concurso de Postais. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos e nenas e rapaces e rapazas de Xove de Primaria e de ESO, en especial aos alumnos e alumnas do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.

Debido á alta incidencia do Covid, e por cuestións de garantías sanitarias, a entrega pública dos premios aos gañadores, que normalmente se facía no CEIP Pedro Caselles, este ano decidimos facela no propio Concello (no despacho do técnico municipal de cultura), de forma individualizada, aos pais dos gañadores.

Segundo idade, tivemos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio.

Unha das postais premiadas neste Concurso vai ser seleccionada como postal institucional do Concello para as vindeiras festas de Nadal.

Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se pretendeu con este Concurso foi potenciar a participación e creatividade dos nosos rapaces.

Os premiados nesta edición, foron:

1º.- Conceder os seguintes premios na Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos):

1º : (Nº 37) ALMA RODRÍGUEZ FRA.

2º : (Nº 8) RAÚL FERNÁNDEZ DUARTE.

3º : (Nº 1) ANAIS ROMERO SUÁREZ.

2º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 1º e 2º de Primaria:

1º : (Nº 9) FELIPE BASANTA DOMÍNGUEZ.

2º : (Nº 31) ADRIÁN REGO GARCÍA.

3º : (Nº 51) GABRIEL MIRAMONTES ATANES.

3º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 3º e 4º de Primaria:

1º : (Nº 27) ÓSCAR BERTOLO CASABELLA.

2º : (Nº 11) PAULA PÉREZ TEIJEIRA.

3º : (Nº 10) LUKA PURRIÑOS GARCÍA.

4º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 5º e 6º de Primaria:

1º : (Nº 29) INÉS RODRÍGUEZ BERMEJO.

2º : (Nº 57) PAULA SÁNCHEZ PERNAS.

3º : (Nº 12) CARLOTA EIJO RODRÍGUEZ.

5º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 1º a 4 º de ESO:

1º : (Nº 52) ALICIA FERNÁNDEZ VICENTE.

2º : (Nº 18) CARLA CASABELLA PUÑAL.

3º : (Nº 41) UXÍA GRADAILLE DURÁN

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here