InicioOccidentalViveiroO proxecto SuperArte de Viveiro, exemplo no Foro de Artes Inclusivas de...

O proxecto SuperArte de Viveiro, exemplo no Foro de Artes Inclusivas de Ferrol

A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, resalta a produtividade e importancia deste foro “como un punto de encontro no que compartimos programacións inclusivas e aprendemos doutras iniciativas”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro, a través da súa concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, estivo presente no Foro de Artes Inclusivas, que se celebrou esta semana no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol. A responsable de Cultura presentou o programa “SuperArte”, impulsado polo goberno local, como un exemplo de inclusión nas artes.

Deste modo, a concelleira explicou o proxecto “SuperArte”, a mostra de teatro realizada por persoas con diversidade funcional. Na súa terceira edición, o pasado decembro, “Superarte” dedicouse ás persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA), con obras de teatro, charlas e accións conxuntas coa hostalaría e o comercio sobre a diversidade funcional.

“SuperArte é un gran exemplo á hora de incluír e visibilizar a diversidade funcional na cultura, unha prioridade para o Concello de Viveiro”, sinala a edil.

A concelleira de Cultura resalta a produtividade e importancia deste foro “como un punto de encontro no que compartimos programacións inclusivas e aprendemos doutras iniciativas”.

“SuperArte” foi precisamente a semente dunha iniciativa moito máis ampla, o programa “Viveiro Inclúe”. Dentro deste proxecto desenvólvense diferentes accións, co obxectivo de que Viveiro sexa un municipio inclusivo para todo tipo de persoas e colectivos e accesible para aquelas persoas con diversidade funcional.

Algunhas destas iniciativas son o uso de mochilas vibratorias nos espectáculos culturais para as persoas xordas, a formación en lingua de signos ou contacontos sobre a diversidade funcional, entre outros proxectos. Ademais, a propósito da última edición de “SuperArte”, o Concello de Viveiro recibiu a un grupo de expertos da Asociación BATA para avaliar e propoñer melloras na casa consistorial para que esta estea adaptada a persoas con diversidade cognitiva.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...