InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro participa na inauguración da exposición dedicada a Luís...

O Concello de Viveiro participa na inauguración da exposición dedicada a Luís Cebreiro en Ferrol

A figura e traxectoria de Luis Cebreiro López está especialmente vinculada a Viveiro. Considerado precursor do salvamento no mar, Cebreiro desenvolveu parte da súa carreira militar na Axudantía Militar de Marina de Viveiro, un total de 28 anos, creando aquí en 1942 unha sección dos Flechas Navales.

Publicada o

- Advertisement -

O 1º tenente de alcalde de Viveiro, Jesús Fernández Fernández, representou ao Concello na inaguración da exposición titulada “Bravura. Naufragio del Vapor Santa Isabel”, en recordo ao Capitán de Corbeta Luis Cebreiro López, oficial do Vapor Santa Isabel.

A figura e traxectoria de Luis Cebreiro López está especialmente vinculada a Viveiro. Considerado precursor do salvamento no mar, Cebreiro desenvolveu parte da súa carreira militar na Axudantía Militar de Marina de Viveiro, un total de 28 anos, creando aquí en 1942 unha sección dos Flechas Navales.

Os datos máis relevantes da súa biografía constan na placa colocada no Paseo Marítimo que leva o seu nome, facendo especial fincapé no seu labor orientado ao salvamento de vidas humanas no mar. Cebreiro foi un home avanzado ao seu tempo, lembrado por instaurar a primeira lancha de salvamento e polo seu labor social, dignificando as condicións de vida da clase mariñeira, debendo lembrar, polo que atinxe a Viveiro, que Cebreiro foi o mediador na construción de vivendas para mariñeiros na Atalaia, no Chao e en Pénxamo e o promotor da Escola Nacional de Orientación Marítima de Pénjamo, pola que pasaron varias xeracións de rapaces que se dedicaron profesionalmente ao mundo do mar, como patróns ou motoristas.

Luis Cebreiro López estaba en posesión de todas as condecoracións de Salvamento, de bronce, prata e ouro; ademais de ter recibido medallas de salvamento británicas e alemás. Foi considerado, así mesmo, heroe do naufraxio do “Santa Isabel”, en 1921, onde rescatou do mar a máis de 30 persoas, e foi o oficial da Mercante máis condecorado do século XX.

Entre outras autoridades civís e militares, asistiron á inauguración da exposición o Almirante Xefe do Arsenal de Ferrol VA, Ignacio Frutos Ruíz; o director do Museo Naval de Ferrol CN, Rafael María Izquierdo; o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz; María Sampedro, tenente de alcalde de Ribeira; o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Francisco Barea Paz; a delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros; o deputado autonómico José Manuel Rey; os historiadores José María Fernández Pazos e José Luis Moar Rivera; o Director do Museo de Ribeira e comisario da exposición, Miguel Vidal Lojo; e María del Carmen Cebreiro Gómez, filla de Luis Cebreiro López.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...