InicioDeportesUn sólido Pescados Rubén FS remonta en Murcia e mete presión aos...

Un sólido Pescados Rubén FS remonta en Murcia e mete presión aos seus rivais

O cadro burelao deixa a tres puntos ao Manzanares e a seis ao Betis, ambos cun partido menos

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FS demostrou este venres a súa solvencia na complicada pista do El Pozo Ciudad de Murcia e remontou (2-4) para manter o liderado da Segunda División e meter presión aos seus rivais, que xogarán na fin de semana.

O cadro laranxa deixa así, polo de agora, a tres puntos ao Manzanares, que visita ao perigoso Mengíbar (sábado, 18.30) e a seis ao Betis, que tamén xogará a domicilio, neste caso o domingo na pista do Bisontes Castellón (11.15 horas).

Juanfran adiantou aos mariñaos, que sen embargo non puideron conservar a súa renta ao descanso. Cristian e Shimizu, de dobre penalti, adiantaron ao vixente campión de Liga.

No segundo tempo, unha xogada de estratexia do Burela FS tivo froito cun gol en propia porta de Alberto García. O 2-2 deixou tocados aos locais, que encaixaron o 2-3 minutos despois e do mesmo xeito, cun mal rexeitamento de Cobarro a disparo de Hélder.

O Pescados Rubén soubo aguantar as acometidas do filial de El Pozo e Matamoros, de falta directa, sentenciou o encontro no minuto 37. O conxunto murciano tentouno co xogo de cinco, sen éxito.

VINDEIRA XORNADA

A vindeira fin de semana, os discípulos de Juanma Marrube recibirán ao Bisontes Castellón.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...