InicioDeportesO internacional Joselito reforza o soño do ascenso do Pescados Rubén Burela

O internacional Joselito reforza o soño do ascenso do Pescados Rubén Burela

O á gaditano chega en calidade de cedido polo Palma Futsal ata final de tempada

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FS anunciou na mañá deste luns a fichaxe do á gaditano José Antonio Macías Pérez, ‘Joselito‘, que chega como reforzo invernal ao líder da Segunda División.

O futbolista, internacional coa selección española, chega en calidade de cedido até final de curso procedente do Palma Futsal, onde milita desde a idade xuvenil.

Joselito ingresou no conxunto balear na tempada 2010-2011 e desde entón protagonizou as páxinas máis brillantes da historia do club mallorquín.

Joselito, de verde, durante a celebración do torneo Burela Bonita. AXM

EXPERIENCIA EN PRIMEIRA

Malia a súa xuventude -naceu en San Fernando o 17 de outubro de 1992-, Joselito ten unha ampla experiencia na máxima categoría. Na presente tempada disputou 16 partidos co equipo insular na Primeira División. Foi titular en cinco deles e anotou tres goles.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...