Confirmado: Adrián Ben estará no Europeo indoor de atletismo

A Federación Española inclúe ao viveirense entre os 42 atletas que competirán en Glasgow

Ben, con Ordóñez e Gómez no podio do Campionato de España indoor. AXM

O corredor do FC Barcelona Adrián Ben, natural de Viveiro, competirá do 1 ao 3 de marzo no Europeo absoluto indoor de atletismo, que se celebrará en Glasgow.

A Federación Española fixo pública na mañá deste martes a listaxe dos 42 atletas que representarán ao combinado do Estado en Escocia.

O deportista viveirense, con 20 anos, participará na proba de 1.500 metros lisos xunto a Jesús Gómez e Saúl Ordóñez, primeiro e segundo clasificado no Campionato de España de pista cuberta, no que Ben obtivo o bronce.

Adrián estará de novo entre a elite europea, despois de participar en agosto no Europeo ao aire libre de Berlín. En Alemaña, o atleta viveirense foi o único representante español no ‘milqui’, dado que os seus compañeiros en Glasgow non acadaron a marca mínima para estar no campionato.

Listaxe de atletas masculinos. AXM

FUTURO

Na nota de prensa enviada aos medios, a Federación Española resalta a xuventude de Adrián, que participará no segundo campionato ao máximo nivel en categoría absoluta.

“Será interesante ver o comportamiento de atletas moi novos como Enrique Llopis nos 60 metros vallas, Adrián Ben nos 1.500 metros lisos ou Pablo Sánchez-Valladares nos 800″, destaca o comunicado.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here