O Burela FSF salva a visita do campión e mantén os tres puntos de renda sobre o Futsi

Cami, por partida dobre e Peque adiantaron na primeira metade ás locais, que padeceron para conservar na súa renta no segundo tempo

Cris saíu lesionada do encontro. AXM

O Pescados Rubén Burela FSF salvou a visita do vixente campión, Jimbee Roldán FSF (3-2), para manterse no cumio da Liga Foro 16 Feminismo.

O cadro burelao adquiriu unha vantaxe de 3-0 nunha primeira parte con intensidade e velocidade de balón. Cami, en dúas ocasións, e Peque deron ás locais unha cómoda vantaxe que estivo a piques de esvaecerse.

O cadro murciano recurtou diferenzas cun tanto de Luci en propia porta no minuto 25 e a lesión no 31 de Cris, cun forte golpe no xeonllo no 31 foi un duro revés para o conxunto mariñao.

a lesión de cris, que semella de gravidade, foi un pau para o cadro mariñao

A tres minutos para o final, Consu apertou aínda máis o marcador e no treito final do encontro as discípulas de Julio Delgado e Lucas padeceron para conservar a súa mínima renta. Finalmente, acadaron o obxectivo e suman 57 puntos.

O Atlético segue a estela do equipo laranxa, a tres puntos tras derrotar ao Viaxes Amarelle (8-2).

VISITA AO LEGANÉS

O conxunto burelao visitará a vindeira fin de semana ao Leganés, un equipo da zona baixa -ten 16 puntos- que con todo presentou historicamente dificultades ao líder da Primeira División.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here