O Pescados Rubén FSF dedícalle a Cris unha vitoria en Leganés

Peque, con dous tantos, liderou de novo ao líder, que obriga ao Atlético a acadar os tres puntos este domingo en Zaragoza

Dany dispara a porta ante varias xogadoras do Leganés. AXM

O Pescados Rubén Burela FSF dedicoulle a Cris, lesionada de gravidade, unha vitoria a domicilio contra o Leganés (1-4) e presiona ao Atlético Futsi Navalcarnero, que xogará este domingo (12.30 horas) en Zaragoza sabendo que ten que gañar para reducir de novo a tres puntos a diferenza a favor das lideresas da Liga Foro 16 Feminismo.

Como é habitual nas últimas tempadas, o Leganés presentou problemas a un conxunto laranxa que resolveu o duelo na segunda metade, tras marcar Luci o 0-1 ao cuarto de hora e empatar Bea antes do descanso.

Despois de dez minutos do segundo tempo sen incidencias no marcador, o cadro mariñao impuxo o seu dominio en apenas dous minutos; Cami transformou un penalti no 32 e Peque, que recibiu a falta da pena máxima, marcou no 33.

O cadro local intentouno con xogo de cinco pero non foi quen de reducir diferenzas e Peque, nun espléndido momento de forma, anotou o definitivo 1-4 no último minuto.

VINDEIRA XORNADA

O Pescados Rubén Burela FSF xogará de novo fóra da casa a vindeira fin de semana. Farao no feudo do equipo revelación da primeira volta, o Penya Esplugues, que se codeou cos grandes durante varias xornadas, pero que foi perdendo gas a medida que avanzaba a competición.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here