O club de atletismo de Burela xa é unha realidade

Carla Trillo, Pablo Álvarez, Siro Maseda e Dani Trigo formarán a primeira directiva da entidade

A directiva do club, co alcalde e o edil de deportes. AXM

O club de atletismo de Burela vén de ser constituído. O salón de plenos do consistorio acolleu este venres a presentación do proxecto. Carla Trillo, Pablo Álvarez, Siro Maseda e Dani Trigo formarán a directiva da entidade.

As persoas que poñerán en marcha o club contarán coa colaboración do Concello. O socialista Alfredo Llano, e o concelleiro de deportes, Ramiro Fernández Rey, asistiron ao evento.

O goberno local adiantou que no vindeiro ano das escolas deportivas municipais incorporará a modalidade de atletismo, “como un xesto para a animar a estas persoas a tirar para diante. Saben que contarán co noso apoio”, asegurou Fernández Rey.

O concelleiro sinalou que “é un obxectivo prioritario que temos desde hai tempo na delegación de deportes e por fin vemos realizado este pequeno soño, polo que eu penso que hoxe podemos cualificalo como un día histórico para Burela e para o noso deporte”.

CORREDORES DE “MOITOS ÉXITOS”

Temos moitos corredores afeccionados que están acadando éxitos. Era unha pena que non tiveran esta maneira de xuntarse nun club e que tiveran que andar por outros da Mariña Lucense ou do resto da provincia”, lembrou Fernández Rey.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here