InicioDeportesHomenaxe á pontenovesa Teresa Barreira, campioa do mundo de duatlón

Homenaxe á pontenovesa Teresa Barreira, campioa do mundo de duatlón

A gañadora do título Mundial para atletas de entre 40 e 44 anos foi recibida no Pazo de San Marcos polo presidente da Deputación

Publicada o

- Advertisement -

A atleta pontenovesa Teresa Barreira Salgado, campioa do mundo (G.40.44) de duatlón en distancia estándar, foi recibida este luns polo presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, no Pazo de San Marcos, nun acto de recoñecemento polo seus últimos logros no Mundial 2019 ITU World Triathlon Multisport Championships disputado en Pontevedra.

A duatleta da Mariña Lucense percorreu a distancia da proba (dez quilómetros a pé, 40 quilómetros en bicicleta e outros 5 quilómetros de carreira) nun tempo récord, por diante de grandes corredoras internacionais. Gañou no grupo de participantes de entre 40 e 44 anos -con tres minutos de vantaxe respecto da segunda na súa categoría- e foi a terceira da clasificación absoluta.

Campos sinalou que “é un pracer recibir a esta campioa de duatlón, demostrando que con esforzo e sacrificio pódese chegar a alcanzar grandes retos. Unha veciña que leva o nome da provincia por todo o país e por todo o mundo”, agradeceu. 

PALMARÉS

Ademais de campioa do mundo en duatlón estándar, Barreira é tricampioa de España en BTT e dúas veces campioa de Europa en BTT en ultramaratón, o último deles en 2018, cando venceu nunha carreira na que participaron atletas de 13 países, que afrontaron 213 quilómetros de distancia.

MERECIDO DESCANSO

A atleta da Pontenova comentou que esta fazaña supuxo un broche final a esta etapa e agora pretende agora tomar con máis calma as competicións.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...