InicioDeportesO á lucense Álex Diz é a primeira fichaxe do Burela FS...

O á lucense Álex Diz é a primeira fichaxe do Burela FS 19-20

Procedente do Osasuna Magna Gurpea, a nova incorporación do Pescados Rubén ten 23 anos pero ampla experiencia en Primeira con Azkar e Santiago

Publicada o

- Advertisement -

O á lucense Álex Diz, procedente do Osasuna Magna Gurpea, é a primeira fichaxe do Pescados Rubén Burela FS para a vindeira tempada, a 2019-2020, na que o equipo laranxa competirá na Primeira División da Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS).

Trala renovación do adestrador, o alfocego Juanma Marrube, a entidade burelá segue a traballar na confección do equipo que defenderá a camisola laranxa na máxima categoría.

UN “VETERANO” NA ELITE

Malia que aínda non cumpriu os 24 anos, Alejandro Diz Teijeiro (Lugo, 13/06/1995) ten un dilatada experiencia na elite do fútbol sala español. Criouse na canteira do Ázkar Lugo para alcanzar o primeiro equipo. Na campaña 2015-2016 fichou polo Santiago Futsal, e no pasado curso vestiu a camiseta do Osasuna Magna, co que disputou a Copa de España e o play off polo título de Liga.

No curso 2018-2019 xogou 31 partidos de Liga regular, tres deles como titular, e anotou un gol.

“PROXECTO SERIO E ILUSIONANTE”

Estou moi contento por regresar á miña terra cun proxecto moi ilusionante. O Pescados Rubén é un club serio que me mostrou moito agarimo desde o primeiro contacto”, expón Diz. O club laranxa presentará ao futbolista lucense nas próximas semanas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...