Adrián Ben, lonxe por agora da mínima para o Mundial de Doha

O corredor viveirense rematou o 1.500 de Montreuil en décima posición cun tempo de 3:44.65, a case nove segundos da marca esixida para competir en Catar

Adrián Ben, no Europeo de Glasgow. EFE

EFE. O atleta viveirense Adrián Ben quedou en décima posición na carreira de 1.500 metros da reunión de atletismo de Montreuil, en Francia. O corredor mariñao quedou lonxe da marca mínima para o Mundial de Doha.

Ben parou o cronómetro en 3 minutos, 44 segundos e 65 centésimas, mentres que a marca esixida para aspirar a estar na competición mundial que se celebrará en Catar é de 3:36.00.

JESÚS GÓMEZ TAMPOUCO PUIDO

Tampouco conseguiu a mínima para competir entre os mellores do mundo Jesús Gómez, campión español da especialidade, malia rematar a carreira no segundo posto.

Gómez correu a distancia nun tempo de 3 minutos, 42 segundos e 37 centésimas, a tres do ugandés Ronald Musagala. Mariano García foi sexto tras parar o crono en 3:43.93.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here