O Pescados Rubén FS ficha ao pivote Jacobo Amoedo, ‘Nené’

O futbolista, de 26 anos e natural de Pazos de Borbén, xogou as tres últimas tempadas en Italia

Jacobo Amoedo. AXM

O Pescados Rubén Burela FS anunciou este luns a fichaxe do pivote galego Jacobo Amoedo, coñecido a nivel deportivo como ‘Nené‘.

O xogador, natural de Pazos de Borbén e de 26 anos, procede do Meta Catania.

Trátase dun futbolista zurdo que nos tres últimos anos fixo carreira en Italia despois de militar no Bembrive vigués, da Segunda División B.

Amoedo regresa ao fútbol sala español despois de vestir a camisola do Axed Group Latina, da Serie A. Nos cursos 2017-2018 e 2018-2019 militou no Meta Catania, da Serie A1.


RENOVACIÓN DE LUISMA

O club anunciou tamén a renovación de Luisma, autor de sete goles nos 27 partidos que disputou na Liga regular. No curso 2017-18, o pivote de Logroño foi un dos grandes referentes a nivel ofensivo do equipo, con 21 tantos.

Trala incorporación de Amoedo e a continuidade de Luisma, o posto de pivote parece quedar pechado no Pescados Rubén Burela, toda vez que Matamoros ten contrato en vigor.

NOVE FUTBOLISTAS

Pope, Matamoros, Lucho, Iago Míguez, Pitero e Luisma continúan así do equipo que acadou o ascenso a Primeira División, mentres que o Burela FS oficializou tres altas: as de Amoedo, Álex Diz, procedente de Osasuna Magna, e de Everton, que chega do Santiago Futsal.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here