Os erros condenan a un voluntarioso Burela FS no regreso á Primeira División

O Pescados Rubén cae en Vista Alegre no estreno da tempada (1-3) ante un Santa Coloma que demostrou que na máxima categoría as concesións páganse caras

Matamoros tenta superar a Álex Verdejo, do Santa Coloma. AXM

O Pescados Rubén Burela FS non puido completar unha tarde laranxa perfecta, despois de que o cadro feminino gañase o derbi galego ante o Poio, e caeu fronte ao Industrias Santa Coloma no regreso á Primeira División da Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS).

Os erros propios frearon ao cadro burelao nun encontro que demostrou que na máxima categoría as concesións páganse coa derrota. O conxunto catalán demostrou a súa pegada e castigou as poucas facilidades que deu un Pescados Rubén que ofreceu actitude e ganas desde o minuto 1 ao 40.

O cadro visitante adiantouse axiña, por medio de Cardona, o que marcou o encontro. A remolque desde o inicio, o equipo que prepara Juanma Marrube reaccionou con orgullo e tivo o empate nas botas de Álex Diz, LuchoNené e Renato. Edu ocupouse de que a renta do Santa Coloma non aumentase e Luisma anotou o tanto da igualada ao culminar unha xogada fiada por Juanfran. Matamoros e o propio Nené tiveron o 2-1 antes do descanso.

No segundo tempo, o conxunto catalán marcou outro dos goles denominados psicolóxicos, xusto á volta dos vestiarios. Sebas Corso, no minuto 23, deu vantaxe aos visitantes, o que deu tranquilidade aos discípulos de Óscar Redondo.

Joselito e Álex Diz tiveron o empate antes dun 2-2 (minuto 34), obra do ex dos Pescados Rubén Bruno Petry, que sentenciou o duelo. Malia as tentativas de recortar diferenzas co xogo de cinco, incluído un disparo ao poste de Matamoros, o Burela FSF non foi capaz de darlle a volta ao marcador.

O OSASUNA MAGNA GURPEA, VINDEIRO RIVAL

O Pescados Rubén Burela FS visitará na vindeira xornada ao Osasuna Magna Gurpea, un dos equipos punteiros da Primeira División que con todo comezou o curso 2019-2020 cunha derrota en Córdoba (1-0).

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here