InicioDeportesSeis puntos de seis posibles para o Burela FSF, que encarrila o...

Seis puntos de seis posibles para o Burela FSF, que encarrila o triunfo en Móstoles nos dous primeiros minutos

Os goles no arranque de Ale de Paz e Jenny Lores dan tranquilidade ás burelás

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FSF segue con paso firme na Primeira División despois de gañar os títulos da Recopa de Europa e a Supercopa. O conxunto laranxa gañou a domicilio en Móstoles (1-4), onde encarrilou o triunfo con dous goles nos dous primeiros minutos.

O cadro burelao puxo axiña terra de por medio no marcador en Villafontana, ante un dos rivais de maior tradición na máxima categoría. Aos 9 segundos, Ale de Paz anotou o primeiro tanto do equipo que preparan Julio Delgado e máis Lucas. Pouco despois, antes de que se cumprise o minuto 3, Jenny Lores marcou un 0-2 que daba ao Burela FSF moita tranquilidade.

O conxunto da Mariña Lucense non tardou en ampliar a renta a tres goles. Fíxoo por medio da á viveirense Lara Balseiro. E nunha tarde na que estivo especialmente atinada, Ale de Paz marcou o 0-4 pouco despois de que se cumprise o primeiro cuarto de partido.

Na segunda metade, o conxunto burelao freou calquera tentativa do equipo madrileño de meterse no encontro. O 1-4, obra de Inma, non chegou ata o minuto 37.

VINDEIRA XORNADA

Na vindeira xornada, o Pescados Rubén FSF volve a Vista Alegre para recibir ao Majadahonda. O Atlético Futsi Navalcarnero, vixente campión de Liga e que semella o principal rival do equipo burelao, tamén gañou a domicilio -2-7 en Murcia– e suma igualmente seis puntos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...