InicioDeportesO Illa Pancha Challenge 2020 será entre o 1 de xaneiro e...

O Illa Pancha Challenge 2020 será entre o 1 de xaneiro e o 31 de marzo

O desafío de surf de ondas xigantes que se celebra en Ribadeo xa ten período de espera, coa idea de superar "a onda de 14,71 metros" do ano anterior

Publicada o

- Advertisement -

A organización do Illa Pancha Challenge, o desafío de surf que se celebra en Ribadeo, deu a coñecer este luns o período de espera para a segunda edición do reto, que se celebrará entre o 1 de xaneiro e o 31 de marzo.

Os promotores advirten de que se non se desen as condicións climáticas idóneas para surfear o ‘Panchorro‘, unha onda das denominadas xigantes, que se espera que alcance entre os 15 e os 20 metros de altura, o período de espera para o Illa Pancha Challenge 2020 activarase entre o 1 de outubro e o 31 de decembro.

Segundo expuxo a organización, a segunda edición ten a “meta clara” de “superar a onda surfeada por Natxo González e Adrián Fernández, que alcanzou os 14,71 metros”.

LUCAS ‘CHUMBO’ E IAN COSENZA, PRIMEIROS GAÑADORES

Á altura das ondas nesta zona únese outro atractivo, e é que a especial situación de Illa Pancha fai que os seareiros poidan ver as evolucións dos surfistas desde moi preto.

Na primeira edición, Lucas ‘Chumbo’ e Ian Cosenza impuxéronse ao dúo formado por Everaldo Pato e Pedro Scooby na final dun evento que congregou a numeroso público tanto en Ribadeo como nas redes sociais.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...