InicioDeportesLlano culpa ao CD Lugo do cambio de sede do amigable contra...

Llano culpa ao CD Lugo do cambio de sede do amigable contra o Oviedo

O alcalde de Burela asegura que o cadro lucense tomou a decisión "unilateral e irresponsablemente" e sen motivos, porque a Marosa está "en perfecto estado"

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, mostrou onte nunha rolda de prensa a “decepción” polo cambio de sede do amigable que ían disputar o 1 de agosto na Marosa CD Lugo e Real Oviedo, con motivo da primeira edición do Torneo Feira do Bonito

O encontro xogarase no Municipal de Xove, o mesmo día e a partir das 20.00 horas. O rexedor burelés acusa ao cadro lucense de incumprir o convenio asinado no seu día coa SD Burela, entidade locataria do campo, de que o conxunto albivermello xogaría un encontro ou realizaría un adestramento no terreo de xogo. Isto ocorre, segundo expón o alcalde, por segunda vez, “o ano pasado e este”.

O REXEDOR ACUSA Á ENTIDADE LUCENSE DE INCUMPRIR O CONVENIO ASINADO COA SD BURELA POR SEGUNDA VEZ

O primeiro edil burelés sinala que o presidente do CD Lugo, Tino Saqués, asegurou o pasado venres que o Real Oviedo puña dificultades para desputar no partido, por desniveis e irregularidades no terreo de xogo.

Sen embargo, Llano afirma que “o propio director deportivo” do cadro ovetense “dixo que o campo valía, cando veu aquí a velo; comentou que había que regalo o día que se fora a xogar e segalo un pouquiño e que servía perfectamente“.

o goberno local insiste en que o director deportivo do conxunto oventense dixo que o terreo de xogo “servía perfectamente”

Llano, que esta tarde mantivo un encontro coa directiva da SD Burela, acompañado do edil de deportes, Ramiro Fernández, sinala que “non sabemos moi ben a que veu isto de anular o encontro antepoñendo que o campo da Marosa non servía, cando realmente está en mellores condicións ca nuncaDurante todo o ano estivo cun mantemento perfecto. Fíxose a conservación e todo o necesario para que a herba estea no mellor estado”, engade.

“DECEPCIÓN ABSOLUTA”

O rexedor resalta que “aquí o que sae á luz é que o CD Lugo toma a decisión de irse a outro campo a xogar este partido única e exclusivamente pensando nos seus intereses. É unha falta de responsabilidade, unha decisión unilateral con sopresa de última hora e unha decepción absoluta. Tiñamos os carteis feitos, o partido incluído no programa da Feira do Bonito”, remata.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...