InicioDeportesO Burela FS segue a alixeirar fichas para novas incorporacións coa cesión...

O Burela FS segue a alixeirar fichas para novas incorporacións coa cesión de Juanfran

O futbolista murciano, cuxo contrato remata en xuño, xogará o que resta de curso no Ceutí, coma Everton

Publicada o

- Advertisement -

O á murciano Juanfran Botía Galiano, xogador do Pescados Rubén Burela FS, incorporarase nos vindeiros días ao UA Ceutí como cedido. O 11 laranxa, con contrato ata xuño de 2020, defenderá ao equipo de Segunda División como reforzo de inverno, xunto a outro dos seus compañeiros na Mariña, o brasileiro Everton.

Juanfran recalou no equipo de Juanma Marrube na tempada 2018-19 para converterse nun dos motores do bloque que acadou o regreso á elite para o conxunto galego, proclamándose campión de Segunda na pasada campaña.

O Pescados Rubén agradeceu “o compromiso e a valiosa achega” do á murciano no crecemento do Pescados Rubén ao longo desta tempada e media. Na primeira volta, Juanfran disputou once partidos, dous como titular, e obtivo un gol.

O cadro burelao, despois da lesión de Iago Míguez, que manterá ao canteirán afastado das pistas durante o que resta de curso, tentará reaccionar con incorporacións tras unha primeira volta na que padeceu a esixencia da máxima categoría. Actualmente, pecha a clasificación na última praza con nove puntos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...