O Pescados Rubén Burela FSF aplicará un convenio colectivo ás xogadoras do primeiro equipo feminino na tempada 2018-2019, na que militarán na Primeira División da Real Federación Española de Fútbol (RFEF).
O club burelao, o único profesional do fútbol sala feminino en España, ofrece desde hai anos contratos ás súas futbolistas, con cláusulas que sempre se contemplaron desde a condición do deportista, sen marcar diferencias polo seu sexo.
o colectivo de xogadoras do fútbol sala feminino español participará nas conversacións
Neste caso, a entidade dá un paso máis na súa pelexa pola igualdade e na aposta polo deporte feminino. A negociación do convenio colectivo, que contará co concurso da Asociación de Jugadoras de Fútbol Sala Femenino (AJFSF), partirá do acordo existente no fútbol sala masculino entre a Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS) e o colectivo de futbolistas, pero as cláusulas axeitaranse á realidade e necesidades do deporte feminino.
NEGOCIACIÓN
As negociacións coa AJFSF e coas capitás do equipo, Bea Mateos e Jozi, iniciaranse nos próximos días.
PRESENTACIÓN DO CORPO TÉCNICO E MÉDICO
O Pescados Rubén Burela FSF presentou ao corpo técnico e médico da vindeira tempada. Seguen á fronte do equipo Julio Delgado e máis Iván Cao, ‘Lucas‘.