Renato será un dos piares do novo proxecto do Burela FS en Primeira

O canteirán do Pescados Rubén renova ata 2023 coa entidade laranxa, que conta con seis futbolistas con contrato en vigor

Renato renova co Burela FS ata 2023. AXM

O canteirán do Pescados Rubén Burela FS Renato Lopes Furtado chegou a un acordo co club para ampliar o contrato que tiña en vigor ata 2022 por unha tempada máis, ata 2023. “O club brindoume esta posibilidade e eu estou contento de continuar un ano máis na que é a miña casa. Espero seguir medrando persoalmente e como bloque darlle moitas alegrías á afección”, así de entusiasmado se amosaba o 12 mariñán.

“Coa reafirmación de continuidade do á nado en Cabo Verde formalizada en vésperas do decreto de estado de alarma, xunto ao presidente, Manuel Blanco, e o fundador de Pescados Rubén, Rubén Blanco, o proxecto de 2020-21 dá os seus primeiros pasos para seguir gozando na Primeira División, avalado pola experiencia de Matamoros ou Lucho, o toque da casa de Iago Míguez, a proxección de Pitero ou a perfecta adaptación de Álex Diz, todos eles con contrato en vigor.

Renato participou en 21 dos 23 partidos da tempada 2019-2020, en 15 deles como titular do quinteto de Juanma Marrube. Anotou dous goles.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here