InicioDeportesO Burela FSF inicia os adestramentos para tentar reconquistar a Liga

O Burela FSF inicia os adestramentos para tentar reconquistar a Liga

O Pescados Rubén arrincou a semana con sesións físicas en grupos reducidos, de 3-4 xogadoras; a primeira sesión grupal será a semana que vén

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FS comezou este luns para preparar o playoff polo título da Primeira División Feminina de fútbol sala.

O conxunto lucense afrontou a primeira sesión de traballo no pavillón de Vista Alegre tralo parón pola Covid-19. O club sacou do Expediente de Regulación Temporal de Emprego (Erte) ao cadro de persoal feminino para retomar a tempada.

O equipo mariñao arrincou a semana con sesións físicas en grupos reducidos, de 3-4 xogadoras, coa supervisión do preparador físico, Pablo Díaz, e o apoio da delegada Emma Losada. A partir de mañá alternarán os adestramentos en pista cos do complexo deportivo da Marosa.

A primeira sesión grupal está prevista para a próxima semana.

Nos playoff, o equipo laranxa xogarase o título co Futsi Navalcarnero, o Ourense Envialia e o Alcorcón.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...