O Burela FSF espera rival na final da Liga tras renunciar o Futsi ao play off

Ourense Envialia e Alcorcón xogaranse a outra praza no partido decisivo, que se disputará o 28 de xuño en Málaga

Jane, Cilene e Peque celebran un gol. AXM

O Pescados Rubén Burela FSF xogará directamente a final polo título de Liga despois de que o Atlético Futsi Navalcarnero renunciase a defender o título nos play off previstos para finais de xuño en Málaga. Así as cousas, e dado que o líder da Primeira División non tomará parte no torneo, o conxunto laranxa, segundo clasificado na táboa ao remate de Liga regular, obtivo praza no partido decisivo polo trofeo, o 28 de xuño (con horario por definir). Ourense Envialia e Alcorcón loitarán polo outro posto na última ronda dous días antes, o 26.

O equipo burelao, que saíu do Expediente de Regulación Temporal de Emprego (Erte) o primeiro de xuño, soubo este xoves da renuncia do Futsi, que alega varias razóns para presentar a renuncia. O conxunto madrileño amósase crítico coa Federación Española de Fútbol, alude a unha suposta desvantaxe na preparación e asegura que lle resulta “imposible” poder cumprir cos protocolos das autoridades sanitarias. Podes ler o comunicado completo nesta ligazón.

O Palacio dos Deportes José María Martín Carpena non só será sede para Primeira Feminina senón que tamén acollerá o título de Primeira Masculina, entre o día 23 e o 30, e a praza de ascenso a esta categoría, desde Segunda, entre o 26 e o 29 de xuño.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here