InicioDeportesO Alcorcón será o rival do Burela FSF o domingo na final...

O Alcorcón será o rival do Burela FSF o domingo na final da Liga

O conxunto madrileño dobrega ao Ourense Envialia nos penaltis e xogarase o título coas "guerreiras"

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FSF xa ten rival na final pola Liga da Primeira División feminina de fútbol sala. Será a AD Alcorcón, que gañou este venres en Málaga ao Ourense Envialia na tanda de penaltis e clasificouse para o encontro decisivo polo título. Non haberá, pois, finalísima galega do campionato.

O equipo madrileño chegou a dominar o duelo 0-3 cun tanto de Cristina Ballesteros e dobrete da galega Vane Sotelo na primeira parte, pero na segunda o Ourense remontou ata empatar 3-3 cun gol da porteira Vane Barbera desde o seu campo e dúas dianas de Sara Moreno que enviaron o partido á prórroga.

No tempo extra mantívose a igualdade e só se rompeu nunha longa tanda de 18 penaltis que rematou 6-7 a prol do Alcorcón. A final xógase o domingo no Pabellón Martín Carpena de Málaga ás 17.30. A expedición burelá xa adestrou este venres no escenario do encontro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...