O Burela FS incorpora gol coa fichaxe de Diego Quintela, ex do Palma e do Barça

O pivote de Arzúa, a piques de cumprir 29 anos, asina por unha tempada co Pescados Rubén

Diego Quintela, ante Joselito nun Burela-Palma. AXM

O Pescados Rubén Burela FS confirmou a fichaxe do pivote coruñés Diego Quintela (Arzúa, 1991) para a tempada 2020-21.

Quintela, procedente do Palma Futsal e con pasado no Santiago -club no que se criou- e no FC Barcelona, é o décimo xogador confirmado pola entidade para a vindeira campaña.

DEZ XOGADORES CONFIRMADOS PARA O VINDEIRO CURSO

Únese a EduMatamorosLuchoIago MíguezÁlex DizRenatoPiteroEto’o e Kaluza. Á fronte do bloque seguirá un ano máis o técnico alfocego Juanma Marrube, como concretou onte o club da Mariña.

O xogador de Arzúa pode solucionar de cara ao vindeiro curso os problemas co gol que lle custaron puntos ao cadro burelao, que tivo en Matamoros a súa principal referencia ofensiva, sendo dependente dos tantos do pivote madrileño.

DESTACA A “SERIEDADE” DO CLUB LARANXA

“Creo que hoxe en día Pescados Rubén é o club que máis se adapta ás miñas prioridades tanto deportivas como persoais. Levo xogando moitos anos e competindo desde moi preto -na miña antiga etapa en Santiago- e é un club ao que sempre admirei pola súa seriedade, compromiso e ambición”, explicou o novo 23 laranxa.

Por último, Quintela dedicou unha mensaxe ás persoas de Burela ante a situación actual que atravesa o mundo debido á pandemia. “Unha frase que me poño moito no meu estilo de vida é que non debo contar os días, teño que facer que os días conten. Son momentos difíciles pero, unidos e con forza, sairase desta”, indica.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here