InicioDeportesEto'o súmase aos adestramentos do Burela FS tras gardar corentena

Eto’o súmase aos adestramentos do Burela FS tras gardar corentena

O pivote brasileiro debeu confinarse durante 14 días no seu domicilio da Mariña despois de regresar do Brasil

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O xogador brasileiro Lucas Miguel Pereira, máis coñecido como Eto’o, reincorporouse este luns aos adestramentos do Pescados Rubén Burela FS despois de gardar corentena no seu regreso de Brasil.

Tras viaxar desde o seu país, o pivote pasou os tests pertinentes e estivo confinado no seu domicilio en Galicia, segundo confirmou o seu club. O xogador comparte xa pista co resto dos seus compañeiros de equipo ás ordes de Juanma Marrube.

Eto’o renovou o seu contrato a principios de xullo tras recalar nas filas do Burela no mercado invernal e tivo protagonismo tanto en Liga, ata a suspensión polo coronavirus, como na Copa Galicia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...