Ale de Paz comanda a goleada reivindicativa do Burela FSF ante o Xaloc Alacant

A xogadora internacional anota un hattrick nun encontro no que volveu o público a Vista Alegre e as locais deixaron claro ou sen "non" á violencia de xénero

Ale de Paz encara á futbolista visitante Lydia. PRB

O Pescados Rubén Burela FS ofreceu esta tarde un festival de goles reivindicando o Non contra a Violencia de Xénero, ante o Xaloc Alacant (9-1), que chegaba á Mariña no fondo da táboa. Ademais do espectáculo sobre a pista, Vista Alegre por fin puido celebrar o regreso de público á bancada, despois de case un mes a porta pechada polas restricións Covid-19.

Toñi erixiuse na protagonista da cita desde o asubío inicial, cun Xaloc moi pechado. A meta alacantina tivo que intervir ata en catro ocasións no primeiro minuto. No minuto 3, Pescados Rubén inaugurou o marcador co pase de Cilene a Ale de Paz, conseguindo sortear a defensa visitante. Con asedio constante, Lara Balseiro, en parede con Dany, anotou o segundo no 7. Toñi mantivo ás súas no encontro gañando un man a man con Dany sobre o ecuador do primeiro acto. A punto estivo de chegar o cuarto, con Peque de cabeza ao segundo pau; tentárono de novo Ale de Paz, por partida dobre, e Leti. Foi entón cando chegou a oportunidade rival. O Xaloc puido xerar perigo á contra, con moita eficacia, culminando María a iniciativa de Eva Ortiz, no 16; dispuxeron segundos despois doutra oportunidade en estratexia. Cando parecía que estaba mellor o conxunto de Rubén López, o brillo de Peque achegouse pola meta alacantina. Non o conseguiu en primeira instancia pero en segunda tentativa o cuarto non se lle resistiu á incombustible internacional española, apoiada en Dany (minuto 18).

Mensaxe das xogadoras do equipo laranxa. PRB

SEGUNDO ACTO

Quixo dar un paso adiante Xaloc no regreso, avalada pola solvencia na rede, con Verónica na segunda parte. A gardameta desartellou a Ale de Paz, Leti non puido chegar ao pase en dúas ocasións e un pouco máis tarde Cristina Poveda salvouna ante Peque. No 27, por fin chegou o quinto local, cun centro de Peque, en consonancia con Ale, que introduciu Elena no rexeite. Pouco traballou Sandra Buzón; a primeira chegada neste período para a escuadra alacantina protagonizouna precisamente a 12 no 29, pero fóiselle desviada. Intensificou aínda máis o Pescados Rubén o seu monólogo. Verónica freou o sexto no 33 primeiro ante Lara Balseiro, a pase de Elena Aragón, e pouco despois sacando os pés ante Bea Mateos. Con todo a 14 mariñá estivo moi atenta no 34 para recuperar fronte a Cristina nas proximidades da área visitante, superando despois a Verónica, por fin, e no 35, para sentenciar o rexeite servido por Cilene. Xaloc apostou por xogo de cinco e Burela aproveitou para subir o oitavo nunha mala saída visitante, co hattrick de Ale. A maxia de Cilene non podía faltar á cita, co definitivo 9-1, a falta de dous minutos.

FICHA TÉCNICA

Pescados Rubén Burela FSF: Sandra Buzón, Cilene, Peque, Ale de Paz, M. Cortés, cinco inicial; tamén xogaron Cami, Lara Balseiro, Dany, Bea Mateos, Elena Aragón.

Xaloc Alacant FS: Toñi, Cristina, Eva Ortiz, María, Cristina Poveda, cinco inicial; tamén xogaron Elena, Lara, Teresa, Lydia Vicente, Verónica.

Goles: 1-0, minuto 3, Ale de Paz; 2-0, minuto 7, Lara Balseiro; 3-0, minuto 16, Ale de Paz; 3-1, minuto 17, María; 4-1, minuto 18, Peque; 5-1, minuto 27, Peque ( p. p. Elena); 6-1, minuto 34, Bea Mateos; 7-1, minuto 35, Bea Mateos; 8-1, minuto 37, Ale de Paz; 9-1, minuto 38, Cilene.

Árbitros: Gallo Suárez // Hevia Campa. Por Burela amarela Peque (minuto 4), Bea Mateos (minuto 8). Por Alacant amarela a María (minuto 14), Lara (minuto 38).

Incidencias: Partido correspondente á xornada 8 de Primeira División Feminina disputado en Vista Alegre, co regreso do público ás instalacións. As Guerreiras Laranxas saltaron á pista co lema “Estáis con Nosotr@s” nas súas camisetas, como apoio ás súas compañeiras lesionadas de longa duración, Cely e Jenny.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here