InicioDeportesAle de Paz: "queremos seguir sendo as campioas da Copa da Raíña"

Ale de Paz: “queremos seguir sendo as campioas da Copa da Raíña”

A á-peche, ex do Poio, destaca a "xuventude e verticalidade" do rival do Pescados Rubén e ve clave "a concentración" para renovar o título na final deste domingo (12.00 horas, TDP)

Publicada o

- Advertisement -

Quedan menos de 24 horas. As actuais campioas da Copa da Raíña esperan ganas xa a gran cita na que defenderán o trono e nesta ocasión vai ser aínda máis especial porque a festa irmandiña brillará mañá no Martín Carpena. Teledeporte emitirá o gran duelo entre Pescados Rubén Burela FS e Poio Pescamar FSF, ás 12.00 horas.

O conxunto de Julio Delgado chega con moi boas sensacións despois dunha semifinal bastante cómoda, con acerto goleador, ante AD Alcorcón (5-3).

“Foi un partido máis cómodo que os últimos que xogaramos contra o mesmo rival. Cambiamos a nosa forma de xogo, dando un pouco máis de protagonismo ao rival, e saíunos ben”, explicaba a xogadora burelista de Neda, Ale de Paz, moi orgullosa por poder vivir unha final galega e ademais ante o seu antigo equipo: “queremos a Copa, queremos seguir sendo as campioas. Vai ser moi especial, en Poio teño moitas amigas. Estou moi ilusionada e desexando que chegue xa”, confesaba coa faciana iluminada a 17 laranxa.

Poio recalará despois dunha semifinal moi axustada, na que se puido impoñer nas últimas rabexadas da prórroga ao Universidad de Alicante (1-0). Ale de Paz agarda un rival moi complicado, con certas dúbidas sobre a súa formulación: “Non o temos no noso grupo. Coñecémonos, aínda que esta tempada só nos medimos en pretempada, que non pode servir de termómetro. É un equipo moi vertical, con xogadoras moi novas, con moita velocidade. Temos que estar o máis concentradas posible”, advertía a á-peche, apelando ao factor psicolóxico como o máis determinante para levar o galardón mañá nesta festa do fútbol galego.

EN DIRECTO POR TELEDEPORTE

Domingo 20 de decembro

12.00 horas: FINAL Copa da Raíña. Pescados Rubén Burela FS-Poio Pescamar FSF

20.00 horas: FINAL Copa do Rei

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...