Juanfran rescata un punto para o Burela FS a tres minutos para o final

O cadro local empatou (2-2) co Manzanares nun encontro con alternativas no marcador e que deixa un sabor agridoce nas filas locais

Pope, autor do 1-0, presiona a Kiki. AXM

O Pescados Rubén Burela FS empatou (2-2) co Manzanares en Vista Alegre, nun partido con alternativas no marcador, que deixou ao cadro laranxa cunha sensación agridoce.

O cadro burelés arrincou con forza. Os discípulos de Juanma Marrube rentabilizaron unha xogada de estratexia no minuto 5, cando Pope aproveitou un saque de esquina feito por Renato para abrir o marcador.

O conxunto local estivo menos fluído que noutras ocasións no ataque, pero mantívose forte atrás fronte a un rival que ofreceu unha boa imaxe.

SEGUNDO TEMPO

O panorama cambiou no ecuador da segunda metade. Hicham sacou da chisteira unha gran xogada individual para equilibrar o marcador.

O gol do empate fíxolle dano do Burela, que encaixou inmediatamente o 1-2, obra de Pablo Mel no minuto 28.

No minuto 36, o visitante Pepe veu o segundo cartón amarelo e a ofensiva laranxa deu resultado pouco despois.

Juanfran acadou o 2-2 e deu esperanzas aos locais de poder acadar a vitoria. Sen embargo, o Manzanares foi capaz de conservar o empate.

RESULTADOS

O cadro burelés segue invicto conserva o liderado por agora, a falta do que faga o filial de El Pozo este domingo contra o Córdoba. O Mengíbar aproximouse a un punto e o Betis tamén gañou, polo que está a dous tantos dos bureleses.

VINDEIRA XORNADA

O Pescados Rubén Burela FS desprazarase á pista do Rivas Futsal madrileño na vindeira fin de semana, nun partido correspondente á novena xornada da Segunda División.

O encontro disputarase o domingo, desde as 12.30 horas no pavillón de Parque Sureste.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here